Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Mércores, 23 de xuño de 2021 Páx. 31681

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Emprego e Igualdade

ORDE do 11 de xuño de 2021 pola que se declara deserto un posto vacante convocado para a súa provisión, polo sistema de libre designación, mediante a Orde do 2 de febreiro de 2021.

Mediante a Orde do 2 de febreiro de 2021, publicada no Diario Oficial de Galicia número 33, do 18 de febreiro, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo vacante na Consellería de Emprego e Igualdade que se detalla no anexo desta orde.

De conformidade co establecido nos artigos 17.2.c) e 92.2 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e demais normativa aplicable, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Declarar deserto o posto de traballo que se indica no anexo desta orde.

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Emprego e Igualdade, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro), ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2021

María Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Emprego e Igualdade

ANEXO

Código: EI50100000015770001.

Consellería: Emprego e Igualdade

Denominación do posto: secretario/a do/a director/a xeral.

Dependencia: Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social.

Localidade: Santiago de Compostela.

Corpo ou escala: xeral.

Grupo/subgrupo: C1-C2.

Nivel: 18.

Complemento específico: 6.996,92 €/ano.

Tipo de adscrición: A11 (adscrición indistinta a persoal funcionario da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA.).

Formación específica: 640 (para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (R.I.).