Mediante este anuncio faise público que pola Resolución da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería do Mar, do 21 de maio de 2021, se autorizou a transmisión da titularidade do establecemento de acuicultura que se describe:
Tipo de establecemento: parque de cultivos mariños.
Identificación e localización: parcela número 738 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, no termo municipal de Vilagarcía de Arousa.
Superficie: 124,97 m2.
Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22 de abril).
Remate da vixencia: 23.4.2029.
Especies autorizadas: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis corrugata), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), berberecho (Cerastoderma edule) e berberecho birollo (Cerastoderma glaucum).
Tipo de transmisión: mortis causa.
Antiga titular: Elsa Bugallo Leiro.
Novo titular: José Álvarez Bugallo (***6266**).
O novo titular subrógase no prazo, nos dereitos e nas obrigas da anterior.
Vigo, 21 de maio de 2021
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo