Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Mércores, 23 de xuño de 2021 Páx. 31685

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2021, da Xerencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de concurso de méritos, de dous postos vacantes de supervisor/a de unidade no Hospital Público de Verín.

Mediante a Resolución do 6 de novembro de 2020 (DOG núm. 233, do 18 de novembro) convocáronse para a súa provisión, polo sistema de concurso de méritos, dous postos vacantes de supervisor/a de unidade.

De acordo co disposto nas bases da convocatoria, logo de actuación da Comisión de Avaliación a que se fai referencia na base sexta, e á vista dos méritos alegados e da defensa do proxecto técnico de xestión polos aspirantes, que constan nas actas da devandita comisión.

Esta xerencia, de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño) pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 134/2019, do 10 de outubro (DOG núm. 204, do 25 de outubro), polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia, polo Decreto 137/2019, do 10 de outubro (DOG núm. 208, do 31 de outubro), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 22 de abril de 2020 (DOG núm. 82, do 29 de abril) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

ACORDA:

Primeiro. Adxudicarlles os postos de traballo convocados aos aspirantes que obtiveron a maior puntuación nos termos previstos no anexo desta resolución.

Segundo. Os profesionais nomeados deberán cesar nas prazas que desempeñen dentro dos tres (3) días hábiles seguintes ao da súa publicación.

Terceiro. A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberase efectuar dentro dos dous (2) días hábiles seguintes ao do cesamento, de conformidade coa modificación do artigo 30.2 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, introducida mediante o artigo 6 da Lei 4/2021, do 28 de xaneiro, de medidas fiscais e administrativas (DOG núm. 19, do 29 de xaneiro). Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do interesado, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo xerente da Área Sanitaria.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Cuarto. Os aspirantes nomeados serán avaliados, antes de que transcorran catro anos desde o seu nomeamento, para os efectos de prorrogar o desempeño do posto por idéntico período de tempo ou proceder á súa remoción do posto de traballo. A remoción virá precedida dun procedemento que garanta a audiencia do interesado.

Unha comisión técnica designada conforme o previsto no artigo 14 da Orde do 24 de maio de 2006 avaliará fundamentalmente o cumprimento dos obxectivos da unidade.

Quinto. Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada, ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, nos termos previstos no artigo 121 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Ourense, 14 de xuño de 2021

Félix Rubial Bernárdez
Xerente da Área Sanitaria de Ourense,
Verín e O Barco de Valdeorras

ANEXO

Posto: supervisor/a unidade de Consultas Externas.

Número de prazas: 1.

Nome e apelidos: Mónica González Placer.

DNI (*): ***8502**.

Posto: supervisor/a unidade de Urxencias.

Número de prazas: 1.

Nome e apelidos: Melisa Rodríguez Lage.

DNI (*): ***6031**.

(*) Ocúltase parcialmente o número de documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de conformidade coa disposición adicional sétima da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.