Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 22 de xuño de 2021 Páx. 31450

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2021 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes no cadro de persoal laboral de administración e servizos.

Mediante a Resolución da Xerencia, do 1 de marzo de 2021 (DOG nº 50, do 15 de marzo), convócase a provisión, polo sistema de libre designación, dos postos de traballo que se relacionan no anexo desta resolución.

De conformidade co establecido nos artigos 82 e 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no 25 do Convenio colectivo para o persoal laboral da Universidade de Santiago de Compostela, o 26 de abril de 2021 e o 4 de xuño de 2021 emitíronse informes motivados por parte da Xerencia e da Secretaría Xeral, respectivamente, en relación cos postos convocados. Nos ditos informes especifícanse tanto os criterios de interese xeral considerados como prioritarios para decidir os nomeamentos, como os méritos e capacidades que os candidatos propostos reúnen para o desempeño dos postos de traballo.

Acreditada a observancia do procedemento, así como o cumprimento por parte dos candidatos dos requisitos e especificacións exixidos na convocatoria, o xerente, no exercicio das competencias delegadas que se lle recoñecen mediante a Resolución reitoral do 30 de abril de 2020,

dispón:

Primeiro. Resolver a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, efectuada mediante a Resolución da Xerencia, do 1 de marzo de 2021, e adxudicarlles os postos convocados ás persoas que se relacionan no anexo desta resolución.

Segundo. O destino adxudicado será irrenunciable, agás que antes de rematar o prazo de toma de posesión se obteña outro destino mediante convocatoria pública, caso en que o interesado queda obrigado a comunicarllo á Xerencia no prazo de tres días.

Terceiro. O prazo para tomar posesión do novo destino será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia, ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. No caso de que as persoas adxudicatarias dos postos reingresen ao servizo activo, o prazo para a toma de posesión será dun mes.

Cuarto. O prazo para tomar posesión empezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. O cómputo dos prazos posesorios iniciarase cando finalicen os permisos ou licenzas de maternidade ou paternidade concedidos ás persoas interesadas. Igual tratamento terán os supostos de incapacidade temporal, nos cales o cómputo do prazo posesorio se iniciará a partir da correspondente alta.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro do artigo 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2021

Antonio Javier Ferreira Fernández
Xerente da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Denominación do posto: director/a da Área de Tecnoloxías da Información e das Comunicacións.

Número de praza: PL001343.

Grupo: I.

Categoría laboral: técnico/a superior de tecnoloxías da información e das comunicacións.

Complemento: 1.0.

Quenda: mañá/dispoñibilidade horaria.

Localidade: Santiago de Compostela.

Apelidos e nome: Velo García, José Manuel.

DNI: ***7178**.

Denominación do posto: responsable de Seguridade da Información.

Número de praza: PL001393.

Grupo: I.

Categoría laboral: técnico/a superior de tecnoloxías da información e das comunicacións.

Complemento: 1.1.

Quenda: mañá/dispoñibilidade horaria.

Localidade: Santiago de Compostela.

Apelidos e nome: Trastoy García, Juan Manuel.

DNI: ***3249**.