Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 22 de xuño de 2021 Páx. 31370

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se dá publicidade a unha encomenda de xestión ao medio propio Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar para ser executada durante os anos 2021 e 2022.

De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade á seguinte encomenda coas seguintes características:

1. Resolución do 28 de abril de 2021, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar a realización da asistencia técnica de apoio para a posta en marcha do novo Fondo Europeo Marítimo da Pesca e da Acuicultura (Fempa) no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

– Actividade: descrición dos traballos que comprenderán a asistencia técnica de apoio na elaboración das propostas vencelladas ao plan operativo Fempa e as actuacións de seguimento da Consellería do Mar no relativo ao devandito plan.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o 28 de abril de 2021 ata o 31 de maio de 2022.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia na aplicación orzamentaria 15.02.723A.640.1, código do proxecto 2016 00287, e foi cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca nun 75 %.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2021

Silvia Cortiñas Fernández
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar