Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 21 de xuño de 2021 Páx. 31157

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 2021, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado mediante a Orde do 7 de xaneiro de 2020 pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 7 de xuño de 2021, o tribunal nomeado pola Resolución do 21 de setembro de 2020 (DOG núm. 195, do 25 de setembro), modificada pola Resolución do 13 de outubro de 2020 (DOG núm. 212, do 21 de outubro), encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria, que o primeiro exercicio da oposición terá lugar o 3 de xullo de 2021, en chamamento único que se iniciará ás 16.30 horas, na Feira Internacional de Galicia en Silleda.

Os/as aspirantes deberán ir provistos de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, ao xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer o/a aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2021

Víctor Manuel Tubío Villar
Presidente do tribunal