Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 21 de xuño de 2021 Páx. 31240

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 3 de xuño de 2021, da Área Provincial de Pontevedra, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no proceso de selección de persoas adxudicatarias para 8 vivendas de protección oficial de promoción pública no concello de Cerdedo-Cotobade, expediente PO-2008/NR01-segunda fase.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da dita Lei 39/2015, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto adoptouno a xefa da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Pontevedra.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Alcalde Hevia, 7, 4º andar, Pontevedra.

Dada a situación actual ocasionada pola COVID-19 a comparecencia solicitarase a través do seguinte correo electrónico: cita.igvs.pontevedra@xunta.gal

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 3 de xuño de 2021

María Martínez Allegue
Xefa da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO2008/NR01-2ª fase 21R.

Credencial: 86705.

DNI: 40360677R.

Acto obxecto de notificación: requirimento.

Expediente: PO2008/NR01-2ª fase 25R.

Credencial: 95563.

DNI: 77464892H.

Acto obxecto de notificación: requirimento.