Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Venres, 18 de xuño de 2021 Páx. 30802

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Salceda de Caselas

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa.

Ao non ser posible a práctica da comunicación aos titulares das referencias catastrais que se relacionan a continuación, por causas non imputables a esta administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 36/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación de xestión de biomasa co fin de que no prazo de quince (15) días naturais, que comezarán a contar desde a publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado (BOE), os interesados no procedemento procedan á xestión da biomasa segundo o establecido no artigo 21 e seguintes da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, así como á retirada de especies arbóreas prohibidas a que se refire esta lei.

A eficacia do acto notificado quedará demorada ata a publicación do pertinente anuncio no BOE.

Así mesmo, ponse en coñecemento das persoas responsables que o contido íntegro da citada notificación, así como da totalidade do expediente administrativo, está á súa disposición nas oficinas municipais do Concello de Salceda de Caselas, situadas na Praza do Concello, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Referencia catastral

Expediente

Titular

36049A018000600000KT

2668/2020

Sanjuán Sanjuán María Soledad

36049A020002140000KK

450/2021

Cabaleiro Romero, María del Pilar

36049A019014790000KQ

760/2021

Fernández Pérez Manuel

36049A019014790000KQ

760/2021

Fernández Pérez Miguel Ángel

36049A019014790000KQ

760/2021

Fernández Pérez María del Carmen

36049A033002840000KA

2968/2020

Fernández Figueroa Emilio (herdeiros de)

36049A019015080000KG

2312/2020

Morais Fernández Josefa

36049A019015090000KQ

2312/2020

Cabaleiro Álvarez Faustino (herdeiros de)

36049A019015220000KK

2312/2020

Estévez Caballero Ramón

36049A041009120000KM

584/2021

Honorato Porriño

Salceda de Caselas, 28 de maio de 2021

Mª Dolores Castiñeira Alén
Alcaldesa