Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Venres, 18 de xuño de 2021 Páx. 30799

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oia

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual das normas subsidiarias municipais.

Mediante o Acordo plenario do 27 de maio de 2021 aprobouse inicialmente o expediente de modificación puntual das normas subsidiarias municipais co fin de adaptar a normativa municipal á regulación actual en materia de réxime de fóra de ordenación e de alturas para locais comerciais.

De acordo co previsto no artigo 60.6 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, exponse ao público polo prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Ademais, enviarase anuncio a un dos xornais de maior difusión da provincia.

Durante o prazo e exposición pública, poderanse formular alegacións que serán tidas en conta no seguinte trámite do documento.

Oia, 14 de xuño de 2021

Cristina Correa Pombal
Alcaldesa