Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Venres, 18 de xuño de 2021 Páx. 30746

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO (255/2021).

Eu, Belén Menéndez Medel, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de modificación substancial de condicións laborais 255/2021 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Antonio Pérez Martínez contra Grupo Control Empresa Seguridad, S.A., sobre mobilidade xeográfica e funcional, se ditaron as seguintes resolucións, decreto e citación, polas que se cita de comparecencia a parte demandada, para o acto de conciliación e xuízo, para o vindeiro día 23 de xuño de 2021, ás 11.20 e 11.30 horas, respectivamente, na sala 3 no edificio da rúa Berlín.

Fáiselle saber que a demanda e demais documentos quedan á súa disposición na Secretaría deste xulgado.

Ao encontrarse Grupo Control Empresa Seguridad, S.A., en paradoiro descoñecido, expídese este edicto, en cumprimento do disposto na Instrución 6/2012, da Secretaría Xeral da Administración de Xustiza, relativa á publicación de edictos en diarios e boletíns oficiais e á protección de datos, co fin de que lle sirva de notificación en legal forma.

Para que sirva de notificación en legal forma a Grupo Control Empresa Seguridad, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2021

A letrada da Administración de xustiza