Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Venres, 18 de xuño de 2021 Páx. 30769

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 31 de maio de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se fai pública a proposta dunha liña de deslindamento con propiedades particulares do monte veciñal en man común (MVMC) Serra de Loibán, Costa de Cebrán, Lombas e Pico O Raso, na parroquia de Ourol, concello de Ourol (Lugo) (expediente 4DES_2020).

Para os efectos previstos no artigo 54 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, dáselle publicidade á proposta de deslindamento do MVMC Serra de Loibán, Costa de Cebrán, Lombas e Pico O Raso con propiedades particulares, presentada o 17.7.2020 pola comunidade de Ourol.

Con data 14.5.2021, o Servizo de Montes de Lugo emitiu un informe favorable ao considerar que non existe menoscabo da integridade do MVMC.

Contra a proposta de deslindamento, as persoas interesadas poderán presentar ante a comunidade propietaria as alegacións e os títulos que acrediten a propiedade ou a posesión dos predios afectados, no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Durante este prazo, a documentación estará dispoñible no Servizo de Montes de Lugo, sito na rolda da Muralla, 70, baixo 2º, das 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido da dita proposta.

Lugo, 31 de maio de 2021

Mª Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo