Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Mércores, 16 de xuño de 2021 Páx. 30148

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oia

EDICTO de orde de execución de limpeza de predios (expediente Gestiona 1060/2020-Urb. 26/2020).

En aplicación do disposto nos artigos 41 e 42 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro), sen que fose posible efectuala por causa non imputable a esta administración, e en aplicación do disposto nos artigos 44 a 46 do mesmo texto legal, e no artigo 22.3 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (última redacción pola Lei 9/2017, de medidas fiscais e administrativas), procedemos á publicación da referencia do expediente e das referencias catastrais de dúas parcelas en situación de risco de incendio, ao resultar descoñecido o enderezo postal, co fin de poder continuar co procedemento previsto na normativa, para garantir a protección de vivendas e núcleos habitados fronte a incendios forestais; advírtese expresamente de execución subsidiaria por parte do Concello, de acordo co disposto no artigo 22.4 da Lei 3/2007.

O texto íntegro da orde de execución está á disposición da interesada no Servizo de Urbanismo do Concello de Oia.

Expediente

Polígono-parcela-lugar

Interesada

Referencia catastral

Gestiona 1060/2020

Urb. 26/2020

Polígono 4, parcela 831

Mougás

Residenciales Oia, S.L.

(enderezo descoñecido)

36036A004008310000QF

Polígono 4, parcela 833

Mougás

Residenciales Oia, S.L.

(enderezo descoñecido)

36036A004008330000QO

En todo caso, o cómputo dos prazos comenzará a contar a partir do día seguinte ao da correspondente notificación, que neste caso coincidirá coa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Oia, 11 de xuño de 2021

Cristina Correa Pomba
Alcaldesa