Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Mércores, 16 de xuño de 2021 Páx. 29918

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

EXTRACTO da Orde do 31 de maio 2021 pola que se convocan prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2021/22 (código de procedemento ED306A).

BDNS (Identif.): 569740.

De conformidade co previsto no artigo 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

O alumnado que no curso académico 2021/22 inicie ou continúe estudos postobrigatorios non universitarios en centros docentes públicos ou privados concertados situados nos termos municipais da Coruña, Culleredo, Ourense e Vigo e reúna os requisitos académicos, persoais, de lugar de residencia e económicos establecidos na orde de convocatoria.

Segundo. Obxecto

Regular o procedemento (código ED306A) para adxudicar, de forma gratuíta ou bonificada, as prazas de residencia existentes nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 31 de maio de 2021 pola que se convocan prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2021/22 (código de procedemento ED306A).

Cuarto. Prazo de presentación de solicitudes

1. Prazo de presentación de solicitudes en período ordinario:

a) Para o alumnado matriculado en bacharelato, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e o 9 de xullo de 2021 (este incluído).

b) Para o alumnado matriculado en ciclos formativos, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e o 2 de agosto de 2021 (este incluído).

2. Prazo de presentación de solicitudes en período extraordinario: entre o 14 e o 22 de setembro de 2021, ambos incluídos.

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2021

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade