Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Mércores, 16 de xuño de 2021 Páx. 30090

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ACORDO do 4 de xuño de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Carballo (expediente IN407A 2021/56-1).

Expediente: IN407A 2021/56-1.

Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.

Denominación: reforma LMT CT e RBT de Prearada.

Concello: Carballo.

Características técnicas:

Desmontaxe do actual CT Prearada e do apoio que o sustenta, así como do treito de LMTA que o alimentaba (39 metros) en condutor nu de tipo LA-30.

Instalación dun novo CT (Prearada) de tipo intemperie de 50 kVA sobre un novo apoio de formigón de tipo HVH-13/2500 (final de liña) que substitúe o existente nº 55-29-8. A liña existente retensarase sobre este novo apoio.

No apoio existente nº 55-29-6 instalarase un novo seccionador/fusible XS, en substitución do existente que se sitúa no apoio nº 55-29-8 e que se retira.

Enlace coa rede de baixa tensión aérea existente, mediante nova saída desde o CT proxectado, en condutor soterrado de tipo XZ1-0,6/1 kV, 4(1×240 Al), cunha lonxitude total de 111 metros. A liña terá o seu inicio no novo CT proxectado e finalizará nos pasos de subterráneo a aéreo que se realizará en dous apoios proxectados, ambos os dous de tipo HV-11/630, que substitúen outros dous apoios da rede de baixa tensión aérea existente.

A liña discorrerá en gabia de dimensións 0,50 metros de largo e 1,00 metros de profundidade, canalizada no interior dun tubo de polipropileno de 160 mm de diámetro; instalarase outro tubo de similares características co anterior a modo de reserva e un tubo de polipropileno de 125 mm de diámetro para comunicacións. A lonxitude total da canalización proxectada é de 84 metros.

Reforma dun treito da rede de baixa tensión aérea existente, substituíndo os condutores existentes illados de tipo RZ-3×95/54,6, RZ-3×50/54,6, RZ-3×25/54,6 e RZ-2×25, por novos condutores illados de tipo RZ-3×150/80 (189 metros), RZ-3×95/54,6 (312 metros), RZ-3×50/54,6 (107 metros), RZ-3×25/54,6 (15 metros) e RZ-2×25 (516 metros). A lonxitude total da liña de baixa tensión aérea proxectada é de 1.139 metros. Como consecuencia do anterior, será necesaria a substitución de 12 apoios de formigón e 3 apoios de madeira existentes, e instalaranse novos apoios de formigón de tipo HV-11/250 (1 apoio), HV-9/630 (2 apoios), HV-11/630 (9 apoios) e HV- 11/1000 (1 apoio), e de fibra de vidro de tipo FV-9/250 (3 apoios), que irán ubicados no mesmo lugar que os apoios que substitúen (ao carón destes). Desmontaxe dos treitos da rede de baixa tensión aérea en condutores illados de tipo RZ-3×95/54,6 e RZ-3×50/54,6, que xa non son necesarios para a rede de BT unha vez reformada. A lonxitude total das liñas que se van retirar é de 67 metros.

Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

–Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición dos interesados nas dependencias da Sección de Enerxía desta Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía, Empresa e Innovación (rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2º andar, 15071 A Coruña, das 9.00 as 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico seccion.enerxia.coruna@xunta.es ou nos teléfonos 981 18 49 70 e 18 49 38), así como no Concello. Tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Economía, Empresa e Innovación https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 4 de xuño de 2021

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

Anexo

Expediente: IN407A 2021/56-1

Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.

Denominación: reforma LMT, CT e RBT de Prearada

Concello: Carballo

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Predio número: 1.

Cultivo: labor ou labradío secaño.

Propietario: Gumersinda Souto Riveiro.

Afección:

– Apoio núm. 55-29-8.

– m2: 10.

– Lonxitude voo: 1 m.

– Superficie voo: 3 m2.

Predio número: 2.

Cultivo: MM piñeiral madeireiro.

Propietario: José Campos García.

Afección:

– Apoio núm. 55-29-6.

– m2: 10.