Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Mércores, 16 de xuño de 2021 Páx. 30070

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 6/2021).

Eu, Belén Menéndez Medel, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 6/2021 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Ramón Varela Graña contra Gialak Transportes, S.L. e Sebas, S.C., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución: auto, dilixencia de ordenación pola cal se citan de comparecencia ás partes demandadas para o acto de comparecencia para o próximo día 23 de xuño de 2021, ás 9.20 horas, na sala 3, no edificio na rúa Berlín.

Fáiselles saber que a demanda e os demais documentos quedan á súa disposición na Secretaría deste xulgado.

Ao encontrarse Gialak Transportes S.L. e Sebas, S.C. en paradoiro descoñecido, expídese este edicto, en cumprimento do disposto na Instrución 6/2012, da Secretaría Xeral da Administración de Xustiza, relativa á publicación de edictos en diarios e boletíns oficiais e á protección de datos, co fin de que lles sirva a notificación en legal forma.

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2021

A letrada da Administración de xustiza