Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Mércores, 16 de xuño de 2021 Páx. 30122

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 19 de abril de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican diversos actos administrativos ditados nos procedementos administrativos (expediente BS611A LU-0000055768 e dous máis).

De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo dos intentos de notificación realizados sen que fose posible practicala por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázanse as persoas interesadas para proceder á notificación dos actos administrativos de requirimento de emenda das solicitudes ditadas nos procedementos instados por elas relativos aos expedientes relacionados no anexo.

Para os efectos da notificación, as persoas interesadas ou persoas que legalmente as representen poderán comparecer para teren coñecemento íntegro do acto e constancia del, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, na Unidade da Dependencia da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social, en Lugo, situada no Centro Base, rúa Serra de Ancares, nº 68-baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que estes requirimentos, que se notifican por comparecencia, outorgan ás persoas interesadas un prazo de dez (10) días para a emenda da solicitude que comezará a contar desde o día seguinte ao da dita notificación. Transcorrido o dito prazo sen realizar a emenda, se lles terán por desistidos da súa petición, nos termos previstos no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, e procederase ao arquivamento do expediente, logo da resolución que deberá ser ditada de conformidade co disposto no artigo 21 da dita lei.

Lugo, 19 de abril de 2021

Francisco Javier Vázquez Nodal
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Proc. BS611A

Nº de expediente

Persoa interesada

DNI

Acto obxecto de notificación

Data do acto administrativo

LU-0000055768

33648933W

Requirimento documentación

2.9.2020

LU-0000031793

34317590A

Requirimento documentación

30.9.2020

LU-0000054022

X3370662N

Requirimento documentación

30.11.2020