Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Mércores, 16 de xuño de 2021 Páx. 30061

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (ETX 20/2021).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais número 20/2021, deste xulgado do social, seguido por instancia de Antonio Luis Parada González, contra Transdominio Bierzo, S.L., sobre reclamación de cantidade, en execución de sentenza ditáronse auto en que se despacha execución e decreto de embargo, ambos con data 18.2.2021, contra os cales pode interpoñer recurso de reposición e de revisión directo, respectivamente, no prazo de tres días. No devandito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro de ambas as dúas resolucións.

E para que sirva de notificación e requirimento en legal forma ao representante legal de Transdominio Bierzo, S.L., para o caso de non se conseguir a súa notificación persoal, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 25 de maio de 2021

A letrada da Administración de xustiza