Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Mércores, 16 de xuño de 2021 Páx. 30063

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 18/2021).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 18/2021 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Luis Serantes Suárez e Avelino Montes Martínez contra o Fondo de Garantía Salarial, Lucía Tejedo Muíña, Miguel Ángel Simón Cabello e Geconsa ESPX (entidade sen personalidade xurídica), sobre ordinario, se ditou no día da data decreto de insolvencia impugnable en revisión no prazo de tres días, que se encontra á súa disposición na sede do Xulgado.

Para que sirva de notificación en legal forma a Lucía Tejedo Muíña, Miguel Ángel Simón Cabello e Geconsa ESPX (entidade sen personalidade xurídica), en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselles aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 24 de maio de 2021

A letrada da Administración de xustiza