Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Martes, 15 de xuño de 2021 Páx. 29804

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de citación (103/2021).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despido/cesamentos en xeral 103/2021 deste xulgado do social, seguido por instancia de Óscar Eduardo Vargas Lasso, William Andrés Vargas Lasso contra Calderería y Soldadura de Estructuras Metálicas, S.L., Fogasa, sobre despedimento, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da Lei da xurisdición social, citar a Calderería y Soldadura de Estructuras Metálicas, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 26 de outubro de 2021, ás 10.40 horas, na planta baixa, sala 1, edificio na rúa Berlín, para a celebración dos actos de conciliación e, se for o caso, xuízo, podendo comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e que deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación en legal forma a Calderería y Soldadura de Estructuras Metálicas, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2021

A letrada da Administración de xustiza