Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Martes, 15 de xuño de 2021 Páx. 29797

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (PO 934/2017).

Eu, Sinesio Novo Fernández, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento PO 934/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Paulina Urquizo Tarupi, contra a empresa Iliceanu Catalina Georgetta, sendo parte o Fogasa, sobre reclamación de cantidade, se ditou sentenza con data do 4 de maio de 2021, contra a que cabe interpoñer recurso de suplicación por prazo de cinco días e fáiselles saber que no devandito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Iliceanu Catalina Georgetta, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 4 de maio de 2021

O letrado da Administración de xustiza