Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 14 de xuño de 2021 Páx. 29470

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Carballiño

ANUNCIO de aprobación inicial do escudo heráldico e a bandeira do Concello do Carballiño.

O Pleno da Corporación Municipal, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 21 de abril de 2021, aprobou inicialmente o expediente para a adopción do escudo heráldico e a bandeira do Concello do Carballiño.

O dito expediente sométese a información pública polo prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación do correspondente anuncio no Diario Oficial de Galicia, na sede electrónica municipal e no taboleiro municipal de edictos, durante o cal os interesados poderán presentar as alegacións que coiden oportunas.

O que se fai público para xeral coñecemento e para os efectos oportunos.

O Carballiño, 12 de maio de 2021

Francisco José Fumega Piñeiro
Alcalde