Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 14 de xuño de 2021 Páx. 29396

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Tui

EDICTO (LSG 187/2020).

Eu, José Antonio Pascual Calderón, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Tui, fago saber que no presente procedemento de liquidación de sociedade de gananciais 187/2020 do Xulgado número 2 de Tui, seguido por instancia de Maikel Sangabriel Pérez fronte a Montserrat Rodríguez Fernández, con NIF 36071015T, se ditou, con data do 27.4.2021, decreto en que se aproba a proposta de liquidación do réxime económico matrimonial.

Ao estar Montserrat Rodríguez Fernández en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación.

Fáiselle saber que poderá ter coñecemento neste xulgado do contido íntegro do decreto, contra o cal cabe interpoñer recurso de revisión no prazo de cinco días contados desde o día seguinte ao da publicación do edicto, ante este xulgado.

Tui, 11 de maio de 2021

O secretario xudicial