En sesión que tivo lugar o día 9 de xuño de 2021, o tribunal nomeado pola Resolución do 14 de setembro de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública, e modificado pola Resolución do 6 de outubro de 2020, encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 001 do grupo IV de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019, acordou:
Que o primeiro exercicio terá lugar o día 20 de xuño de 2021, en horarios de dúas quendas. A distribución por quendas das persoas aspirantes está establecida por orde alfabética, e queda do seguinte xeito:
• Quenda de mañá, chamamento ás 8.50 e 9.15 horas: Quian Regaldíe, María Victoria ata Díaz Seoane, José Teodoro
• Quenda de tarde, chamamento ás 16.20 e 16.45 horas: de Domínguez Fontenla, José Antonio ata Prego Ramas, María José.
Infórmanse as persoas aspirantes de que o exercicio terá lugar en dúas sedes. A distribución nas distintas sedes está determinada polo número de aspirantes do proceso selectivo e polo enderezo reflectido na súa solicitude de participación, e será do seguinte xeito:
• Silleda: Feira Internacional de Silleda, Recinto Feiral, s/n, 36540 Silleda. Persoas aspirantes con enderezo fixado na súa solicitude na provincia da Coruña e noutras comunidades autónomas.
• Vigo: Instituto Feiral de Vigo, Ifevi. Avda. do Aeroporto, 772, 36318 Vigo. Persoas aspirantes con enderezo fixado na súa solicitude nas provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra.
Non se permitirá cambio ningún de sede. As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar.
Non se permitirá o acceso ao recinto en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer a persoa aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.
Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2021
Rubén Plaza Martínez
Presidente do tribunal