Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 14 de xuño de 2021 Páx. 29421

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS e CT Camiño da Quinta, no concello de Mos, do que resulta como beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2019/109-4).

A instalación denominada LMTS e CT Camiño da Quinta, no concello de Mos, foi declarada de utilidade pública mediante a Resolución do 24 de febreiro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, tendo a condición de beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A.

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 24 de xuño de 2021, a partir das 12.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do Concello de Mos.

A persoa interesada recibirá unha notificación individual coa debida antelación legal, en que se lle comunicará a data e a hora en que deberá presentarse no seu predio e que poderá ir acompañada por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o considera conveniente.

Cando a persoa propietaria ou titular de dereitos sobre o predio afectado sexa descoñecida ou se ignore o lugar de notificación, dirixiranse ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan desta, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa. Neste caso, igualmente, de acordo co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publicarase un anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 24 de maio de 2021

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

LMTS e CT Camiño da Quinta (Mos)

Referencia catastral

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

Nº apoio

m2 solo

m2 servidume paso soterrada

Concello

1

36033A068006950000SY

Pedreira

Agrario

Descoñecido

CT

12,96

4,6

Mos