Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 11 de xuño de 2021 Páx. 29162

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consello de Contas de Galicia

ANUNCIO do 25 de maio de 2021 polo que se dá publicidade da declaración comprensiva da situación patrimonial dun alto cargo.

O artigo 49.4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece a obriga de todos os cargos públicos incluídos no seu ámbito de aplicación, definido no artigo 37, de cubrir unha declaración comprensiva da súa situación patrimonial. Os altos cargos do Consello de Contas de Galicia, por remisión do artigo 12.7 da Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas de Galicia, atópanse incluídos na mesma obriga, debendo facelo no modelo que aprobe o Pleno da institución.

Esta declaración deberá ser presentada no Rexistro de Bens Patrimoniais no prazo dos tres meses seguintes á data de toma de posesión e de cesamento, respectivamente, para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

O Pleno do Consello de Contas de Galicia, na súa sesión do 27 de xaneiro de 2016, aprobou como anexos I, II, III e IV os modelos oficiais de declaracións que deben formular os altos cargos incluídos no ámbito de aplicación da Lei 1/2016.

En virtude do Acordo do Pleno do Consello de Contas de Galicia do 22 de abril de 2021, foi nomeada secretaria xeral do Consello de Contas de Galicia Ana Isabel Ornilla Guillamón, e tomou posesión do cargo o 27 de abril de 2021 e presentou o anexo IV, Contido da declaración de bens patrimoniais para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, no Rexistro de Bens Patrimoniais de Altos Cargos do Consello de Contas de Galicia.

Procede, en consecuencia, dar publicidade ao contido do anexo presentado para tal efecto, comprensivo da situación patrimonial que declara no momento do seu nomeamento, e que se publica como anexo a este anuncio.

Tal e como consta no referido modelo anexo IV:

1. Non se inclúen os seguros de vida.

2. No suposto de bens indivisos, indícase o valor que corresponde segundo a porcentaxe de participación do declarante no ben ou dereito patrimonial.

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2021

José Antonio Redondo López
Conselleiro Maior do Consello de Contas de Galicia

ANEXO

Declaración por nomeamento

Titular do cargo: Ana Isabel Ornilla Guillamón.

Cargo público que ocupa a persoa declarante: secretaria xeral.

Motivo da declaración: toma de posesión.

Declaración de bens:

I. Activo:

a) Bens inmobles (segundo o seu valor catastral): 153.249,84 €.

b) Valor total doutros bens: 0 €.

II. Pasivo (créditos, préstamos, débedas, etc.): 14.257,00 €.