Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 11 de xuño de 2021 Páx. 29169

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO de aprobación inicial (expediente FG 667).

Mediante a Resolución da Alcaldía número 2021002665, do 1 de xuño de 2021, acordouse aprobar inicialmente con condicións o estudo de detalle da zona 1C do Plan especial de reforma interior do POL-24 O Paraíso, Oleiros (documento R.E. nº 2021009127, do 27.5.2021).

De conformidade co artigo 194 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, que aproba o regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, o expediente estará exposto ao público na Área de Urbanismo do Concello de Oleiros, das 8.30 ás 14.00 horas, polo prazo dun mes, para os efectos de presentación das alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 2 de xuño de 2021

Ángel García Seoane
Alcalde presidente