Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 11 de xuño de 2021 Páx. 29167

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Fene

ANUNCIO da aprobación do cambio de uso dunha parcela municipal.

O Pleno do Concello de Fene, en sesión plenaria do 6.5.2021 acordou, logo da remisión do expediente á consellería competente en materia de urbanismo, conforme o artigo 212 do RLSG, cambiar o uso da parcela con referencia catastral 9022301NJ6192S0001SH, cualificada polo Plan xeral de ordenación municipal Rev´98 como equipamento público educativo (eq. 76/SL ed.) correspondente á escola de educación infantil de Magalofes e equipamento público de interese público e social ((eq. 76/SL S) conforme a memoria xustificativa para o cambio de uso na parcela e no edificio de equipamento educativo eq. 76 SL ed.–escola de Magalofes (Fene), elaborada polo ECCP municipal Lino Ameneiro Seijo do 23.3.2021.

Contra esta disposición administrativa de carácter xeral pódese interpor directamente recurso contencioso-administrativo, ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 84.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e artigo 201.1 do seu regulamento), no prazo de dous meses que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme dereito.

Fene, 11 de maio de 2021

Juventino José Trigo Rey
Alcalde