Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 11 de xuño de 2021 Páx. 29102

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (DSP 97/2021).

Eu, Eva Ortiz Suárez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 97/2021 deste xulgado do social, se ditou sentenza, con data 3.5.2021, contra a cal se pode interpoñer o oportuno recurso de suplicación no prazo de cinco días.

E para que sirva de notificación en legal forma a Gallega de Estanterías Metálicas de Comercio y Almacenaje, S.L. e Sutega Usa Corporación, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 21 de maio de 2021