Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 11 de xuño de 2021 Páx. 28944

III. Outras disposicións

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

DECRETO 87/2021, do 10 de xuño, polo que se concede a Medalla Castelao.

En atención aos méritos que neles concorren, por proposta do vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dez de xuño de dous mil vinte e un, concédeselle a Medalla Castelao a:

– Esther Eirós Rascado

– Santiago Pemán García

– Xoán Luis Saco Cid

– Manuel Vila López

– Centro Superior de Hostalaría de Galicia

Santiago de Compostela, dez de xuño de dous mil vinte e un

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo