Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 11 de xuño de 2021 Páx. 29130

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 25 de maio de 2021, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto de modificación dos fornos de fusión nunha fábrica de extrusión, anodización e reciclaxe do aluminio-centro de Rois, nos concellos de Padrón e Rois (A Coruña) (expediente 2021/0075).

De conformidade co artigo 41.3 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise pública a declaración de impacto ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático do 24 de maio de 2021, do proxecto de modificación dos fornos de fusión nunha fábrica de extrusión, anodización e reciclaxe do aluminio-centro de Rois, nos concellos de Padrón e Rois (A Coruña), promovido por Exlabesa Extrusión Padrón, S.A.

A declaración poderase consultar na ligazón: https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2021

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático