Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 11 de xuño de 2021 Páx. 29126

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 10 de maio de 2021, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación da revisión e modificación substancial da autorización ambiental integrada do centro de tratamento de residuos oleosos que Procesoil, S.L. posúe no concello de Ferrol (A Coruña) (expediente 2019-IPPC-M-23).

Para os efectos previstos no Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), faise público que por espazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposto o documento titulado:

– Proxecto de modificacion da instalacion dunha planta de pretratamento de residuos para realizar tratamento final de aceites usados e residuos Marpol para o seu uso como combustible. Inclúe memoria de revisión IPPC SC-RP-IPPC-XV-00019.

Para que calquera interesado poida consultalos e, de ser o caso, formular no citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere oportunas, os documentos estarán á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (rúa de San Lázaro s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais, poderán acceder a esta información na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda ((http://cmatv.xunta.gal>>medio ambiente e sostibilidade >>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada >>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2021

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade
e Cambio Climático

ANEXO

Memoria resumo

Clave do expediente: 2019-IPPC-M-23.

Peticionaria: Procesoil, S.L.

NIF: B70177191.

Domicilio social: rúa Os Muiñeiros nº 9, pg. Río do Pozo, sector IV. Narón.

Localización da instalación: porto exterior de Ferrol, 15593 Ferrol (A Coruña).

Actividade: actualmente os procesos que se levan a cabo teñen por obxecto separar e extraer a agua de residuos oleosos, así como as partículas sólidas existentes (sedimentos), mediante procesos de decantación con tratamento térmico, ruptura de emulsiones existentes e floculación; e a centrifugación e filtración.

Descrición das instalacións: a planta consta dunha única edificación para a actividade industrial con tanques exteriores en cubeto para o almacenamento de materias primas e residuos tratados.

Modificación solicitada: consiste nun aumento das liñas de produción e dos residuos tratados na planta para a obtención de combustible recuperado a partir de residuos de aceites usados e Marpol. Para isto será necesaria a instalación dun reactor/destilador e un aumento na vertedura de augas ao medio.

Verteduras:

• As augas residuais industriais procedentes do acondicionamento dos residuos tratados e o resto de efluentes xerados nas instalacións auxiliares do proceso industrial son tratados na planta de tratamento de augas residuais da instalación, para a súa posterior descarga ao dominio público marítimo, a través dunha conexión coa rede de aguas pluviais do porto de Ferrol.

• As augas residuais fecais procedentes de aseos e vestiarios descárganse directamente sen tratamento á rede de saneamento do porto de Ferrol.

• As augas residuais pluviais limpas procedentes de cubertas e as xeradas en áreas exteriores distintas das áreas de almacenamento con cubeto van directamente á rede de augas pluviais do porto de Ferrol.

• As aguas residuais pluviais procedentes do cubeto de almacenamento de tanques enviaranse ao sistema de tratamento da planta de se detectar contaminación derivada dalgún incidente, ou directamente á rede de augas pluviais do porto de Ferrol en caso contrario.