O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, na sesión celebrada o día 9 de xullo de 2019, acordou iniciar os trámites para a clasificación como veciñal en man común do seguinte monte:
Concello: Pontevedra.
Parroquia: Lourizán.
Ref. catastral: 36900A013002830000QX.
Nome do monte: Gandarela.
Cabida: 2.764 m2 (superficie alegada na solicitude).
Estremas:
Norte: rúa Camelias.
Sur: predio particular.
Leste: urbanización residencial de Ence e outros predios particulares.
Oeste: dominio público marítimo-terrestre.
O que se pon en coñecemento de todas as persoas interesadas, indicándolles que se abre un período dun mes para que poidan examinar o expediente e efectuar as alegacións que coiden convenientes, así como achegar os documentos ou informacións que xulguen oportunas, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.
Pontevedra, 25 de maio de 2021
Amalia Elsa Pazos Pintos
Instrutora do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra