Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 11 de xuño de 2021 Páx. 29142

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 24 de maio de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os propietarios da zona de concentración parcelaria de Vizoño-Vilacova (Abegondo), para seren notificados por comparecencia dunha modificación do acordo de concentración.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), os propietarios da zona de concentración parcelaria de Vizoño-Vilacova (Abegondo-A Coruña) que figuran no anexo, para seren notificados por comparecencia dunha resolución que modifica o acordo de concentración parcelaria da dita zona.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Os interesados poderán coñecer o contido íntegro do acto notificado mediante comparecencia nas dependencias desta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, no Edificio Administrativo de Servizos Múltiples de Monelos, na Coruña, mediante cita previa chamando ao telefono 981 18 46 43 das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 24 de maio de 2021

José Manuel Santos Maneiro
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Interesados

Acto notificado

Zona de concentración

32293381R

Resolución de modificación acordo

Vizoño-Vilacova (Abegondo-A Coruña)

42095654L

Resolución de modificación acordo

Vizoño-Vilacova (Abegondo-A Coruña)