Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 10 de xuño de 2021 Páx. 28875

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 24 de maio de 2021, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, polo que se notifica o trámite de audiencia á interesada no expediente de solicitude de información pública rexistrado co número 2021/993484 sobre procedemento de reintegro de subvención PE 201B/2009/52-5.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase a notificación do trámite de audiencia á persoa interesada sinalada no anexo, por medio do presente anuncio publicado no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado. A eficacia do acto administrativo notificado producirase coa súa publicación no BOE. Sen prexuízo do anterior, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

A solicitude de información pública relacionada atópase á disposición da persoa interesada na Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica da Consellería do Mar, sita na Praza de Europa, 5 A, 4º, As Fontiñas, de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o seu coñecemento íntegro.

De acordo cos artigos 19.3 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, de acceso á información pública e bo goberno, e 27.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, á vista da solicitude de acceso ao procedemento de reintegro de axuda concedida no expediente PE 201B/2009/52-5 da que resultou beneficiaria Grovense de Mejillones, S.A., e considerando que a información solicitada pode afectar os seus dereitos ou intereses, concédeselle un prazo de quince (15) días para que poida presentar as alegacións e os documentos que considere oportunos.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2021

Mercedes Rodríguez Moreda
Directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica

ANEXO

Interesada: Grovense de Mejillones, S.A. (Representante: Ricardo Muñiz Agis).

CIF: A36022408.

Último enderezo coñecido: lugar de Coviña do Mar Rons, 36980 O Grove.

Obxecto: trámite de audiencia no expediente de información pública solicitada por Eduardo Ponte Martínez en nome e representación de Abanca Corporación, División Inmobiliaria, S.L. sobre procedemento de reintegro de subvención en expediente PE 201B/2009/52-5.