Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 10 de xuño de 2021 Páx. 28872

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 24 de maio de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia sobre a xestión do caderno de a bordo dunha viaxe de máis de oito horas.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícase á persoa interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo de Gandaría da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería do Medio Rural, sitas na rolda da Muralla, núm. 70, 1º, baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Lugo, 24 de maio de 2021

María Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Procedemento: notificación do requirimento de documentación sobre a xestión do caderno de a bordo da explotación equina con número de rexistro ES270280357801.

Persoa interesada: 34288503B.

Acto notificado: requirimento de documentación.