Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 10 de xuño de 2021 Páx. 28894

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 21 de maio de 2021, da Área Provincial da Coruña, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente con número de credencial 47666 e 8 máis.

Despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e de conformidade co disposto nos seus artigos 44 e 46, emprázase a persoa interesada para ser notificada por comparecencia ao requirimento de documentación no Rexistro de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia que se sinala no anexo.

O acto obxecto de notificación foi adoptado pola xefa da Sección do Rexistro de Demandantes de Vivenda da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo na Coruña.

A comparecencia para coñecer o texto íntegro do acto deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo da Coruña, rúa Vicente Ferrer, 2, andar 9º, ala sur, das 9.00 ás 14.00, horas de luns a venres.

A eficacia deste anuncio quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 21 de maio de 2021

Susana Vázquez Romero
Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Acto obxecto de notificación: requirimento de documentación Rexistro Demandantes.

Expediente/credencial

DNI/NIE

47666

X5010431L

92710

48624130Z

93785

32656805W

94438

32722540A

94681

32709915M

94871

51077120P

94898

47368965M

95292

31643964N

97047

44812936N