Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Mércores, 9 de xuño de 2021 Páx. 28660

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

ANUNCIO do 20 de maio de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se fai pública a resolución dun expediente sancionador por infraccións na orde social (expediente 52/2021).

Intentada a notificación da resolución ditada polo xefe territorial da Consellería de Emprego e Igualdade de Ourense, na cal se acorda a resolución do expediente sancionador que a seguir se relaciona, anexo I, e ao non ser posible a súa práctica, por medio do presente anuncio e segundo o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, as notificacións que non se puidesen practicar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), cuxa eficacia queda condicionada á publicación no taboleiro de edictos único (TEU) del Boletín Oficial del Estado (BOE).

Así mesmo, fáiselle saber que a dita resolución non pon fin á vía administrativa e contra ela a persoa interesada poderá interpor recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Emprego e Igualdade (San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela) a partir do día seguinte ao da notificación, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, e artigo 23 do Real decreto 928/1998, do 14 de maio (BOE do 3 de xuño) do Regulamento xeral sobre procedementos para a imposición de sancións por infraccións na orde social. O recurso interporase ante o órgano que ditou o acto ou ante o competente para resolvelo.

Os interesados, durante este prazo, poderán presentarse ante o Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Emprego e Igualdade en Ourense, situado na avenida da Habana, 79-7ª planta en Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido da resolución ditada polo xefe territorial.

Advírtese aos interesados que, transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos.

Ourense, 20 de maio de 2021

Yago Borrajo Sánchez
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Nº expte.

Nº acta infracción

NIF/CIF

Último domicilio coñecido

Data resolución

Importe sanción

52/2021

I322021000002792

B32488249

Lg. Covelas, 32634 Os Blancos (Ourense)

20.4.2021

626,00 €