Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Mércores, 9 de xuño de 2021 Páx. 28643

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 29 de marzo de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Curtis (expediente IN407A 2021/58-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: AIN Active, S.L.U.

Domicilio social: rúa do Socorro, núm. 24, 1º, 15003 A Coruña.

Denominación: proxecto de liña de alta tensión soterrada e centro de seccionamento para AIN Active, S.L.U. no polígono de Teixeiro (Curtis).

Situación: polígono de Teixeiro, rúa C, s/n, 15310 Curtis (A Coruña).

Características técnicas:

Liña de alta tensión soterrada de 15 kV, con inicio e fin en arqueta existente na liña de distribución SDG706, entre os centros 15CMKC e 15CFWV, logo de entrar e saír no centro de seccionamento (CS) proxectado, condutor RHZ1 2OL 12/20 kV 3×(1×240 mm2) Al, lonxitude 116 m.

Centro de manobra e seccionamento telecontrolado, prefabricado de manobra exterior, con cela compacta prefabricada 3L+1P SSAA composta de 3 celas de liña e 1 cela de protección para o transformador dos SSAA, baixo envolvente metálica, illamento corte en SF6 (400 A, 24 kV, 16 kA).

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e capítulo II do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais, e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54), esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

O prazo de vixencia da autorización é dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A presente autorización entenderase outorgada, salvo o dereito de propiedade e sen prexuízo do de terceiro, e non poderá ser invocada para excluír ou diminuír a responsabilidade civil ou penal en que puidese incorrer o beneficiario no exercicio da actividade ou na explotación da instalación autorizada.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra o presente acordo, que non é definitivo en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, nos termos establecidos nos artigos 112, 115, 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 29 de marzo de 2021

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña