Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento 691/2020, seguido por instancia de María Lourdes Castro García contra Construcciones y Derivados Altobello, S.L., sobre reclamación de salarios, se ditou Sentenza núm. 240/2021, do 13 de maio, en que se estima a demanda, contra a que cabe interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito presentado neste xulgado dentro dos cinco días seguintes ao da publicación deste edicto. O texto íntegro da resolución está á disposición dos interesados no propio xulgado.
E para que sirva de notificación en legal forma a Construcciones y Derivados Altobello, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
A Coruña, 18 de maio de 2021
A letrada da Administración de xustiza