Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Mércores, 9 de xuño de 2021 Páx. 28689

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 26 de maio de 2021 de consignación, por expropiación forzosa, do prezo xusto dos bens e dereitos afectados para a execución do proxecto modificado da estación de tratamento de auga potable (ETAP) da Plisan, zona de captación.

De conformidade co disposto no artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa, o Consello da Xunta de Galicia, na sesión do 30 de xaneiro de 2020, acordou a declaración de urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos para a execución das obras do proxecto denominado modificado da estación de tratamento de auga potable (ETAP) da plataforma loxística industrial Salvaterra de Miño-As Neves (Plisan), zona de captación, así como en calquera das modificacións que sexan necesarias realizar para a súa execución.

O día 1 de xullo de 2020, levantáronse as actas de ocupación de todos os predios do expediente, logo do ofrecemento do pagamento do importe do depósito previo e indemnización por rápida ocupación e consignándoos, de ser o caso.

Ao abeiro das previsións establecidas no artigo 24 da Lei de expropiación forzosa, foi acordada, libremente e por mutuo acordo, a adquisición coas persoas propietarias dos predios número 5, 6, 8 e 10 do expediente expropiatorio.

Os restantes expedientes (predios núm. 1, 2, 3, 4, 7 e 9) seguen a figurar como descoñecidos ou non acreditaron a súa titularidade durante todo o procedemento. Por tal motivo, foron remitidos xunto coa folla de prezo xusto realizada pola Administración ao Xurado de Expropiación de Galicia (en diante, XEG), co obxecto de que se fixara o prezo xusto definitivo en vía administrativa.

O Pleno do XEG, na súa sesión celebrada o 25 de febreiro de 2021, acordou aceptar en todos os casos a valoración realizada pola Administración expropiante en cada un dos expedientes remitidos.

Dado que nos predios co número de orde 1, 2, 3, 4, 7 e 9 deste expediente expropiatario non se acreditou en ningún momento a súa titularidade ante esta administración, procedeuse á consignación dos importes. A consignación realizouse na Caixa Xeral de Depósitos da Xunta de Galicia, Consellería de Facenda, Departamento Territorial de Pontevedra, o día 20 de maio de 2021. O importe consignado por cada predio é o correspondente ao prezo xusto acordado polo XEG, no que se desconta o importe de depósito previo (tamén consignado), máis a indemnización que recolle o artigo 52.8 da Lei de expropiación.

En consecuencia, ao abeiro do establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, acórdase:

Realizar un anuncio de consignación, por expropiación forzosa, do prezo xusto dos predios núm. 1, 2, 3, 4, 7 e 9 do expediente expropiatorio para a execución das obras do proxecto denominado modificado da estación de tratamento de auga potable (ETAP) da plataforma loxística industrial Salvaterra de Miño-As Neves (Plisan), zona de captación (anexo).

Para proceder ao seu levantamento, as persoas que acrediten ser titulares deberán dirixirse previamente á Área Provincial do IGVS en Pontevedra, sita na rúa Alcalde Hevia, 7, Pontevedra.

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, o que lles servirá de notificación aos interesados descoñecidos, dos cales se ignore o lugar de notificación ou aos que, intentada a notificación, non se puidese efectuar, de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Ademais, notificaráselles individualmente aos titulares dos predios que figuran no listado anexo e ao Ministerio Fiscal, para os efectos do establecido no artigo 5 da Lei de expropiación forzosa.

Santiago de Compostela, 26 de maio de 2021

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Consignación do prezo xusto do expediente expropiatorio para executar
o proxecto denominado modificado ETAP da Plisan, zona de captación

Núm. orde

Referencia
catastral

Polígono

Parcela

Titular

Consignación

Día

Número

1

36034A16100110

161

110

Descoñecido

20.5.2021

2021/36/191

2

36034A16101647

161

1647

Descoñecido

20.5.2021

2021/36/192

3

36034A16101646

161

1646

Descoñecido

20.5.2021

2021/36/193

4

36034A16100106

161

106

Alonso Antes, José

20.5.2021

2021/36/194

7

36034A16100108

161

108

Santos Lira, María

20.5.2021

2021/36/195

9

36034A16101645

161

1645

González Rocha, Argimiro (hros. de)

20.5.2021

2021/36/196