Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Mércores, 9 de xuño de 2021 Páx. 28676

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 21 de maio de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifican as resolucións ditadas en expedientes de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas (expediente 35991 e oito máis).

Unha vez tentada a notificación das resolucións das súas solicitudes de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas ás persoas interesadas que se especifican no anexo, e ao non ser posible efectuala, notifícanselles por medio deste anuncio co fin de que poidan coñecer o seu contido íntegro e para constancia de tal coñecemento, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para tal efecto, os interesados poderán comparecer no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Xefatura Territorial (tarxeta sanitaria), sita na rúa García Barbón 51, 3º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Este anuncio publícase para que conste e lles sirva de notificación aos interesados en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Así mesmo, ponse en coñecemento dos interesados que as resolucións relacionadas no anexo non esgotan a vía administrativa e poderán interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido no artigo 122 da Lei 39/2015 citada.

Vigo, 21 de maio de 2021

Natalia Botana Rey
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº expediente

DNI/NIE/PAS

Data de resolución

35991

G0064637
(representante 549867913)

19.4.2021

44174

FP684752

16.3.2021

44625

058615365
(representante TR 559271)

16.3.2021

44716

FP702852
(representante FP684752)

16.3.2021

44756

Y7470291C

16.3.2021

44995

FY309294

22.4.2021

45512

135157107

22.4.2021

45799

AZ0292804

12.4.2021

48004

N415810

13.4.2021