Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 8 de xuño de 2021 Páx. 28498

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de venda de vehículos municipais en desuso.

Por Decreto de Alcaldía de data 15 de abril de 2021, aprobáronse os pregos que rexen a licitación seguinte:

1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño (expdt. 1438/2021).

2. Obxecto do contrato: venda de vehículos municipais en desuso.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinario/aberto.

4. Prazo de presentación das proposicións: 15 días naturais desde a última publicación do anuncio de licitación.

5. Apertura das ofertas: segundo o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen a licitación.

6. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es

O Porriño, 16 de abril de 2021

Eva García de la Torre
Alcaldesa