Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 8 de xuño de 2021 Páx. 28458

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

ANUNCIO do 24 de maio de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica o trámite de alegacións do expediente sancionador por infracción na orde social 2019/95.

De conformidade co establecido nos artigos 44, 45.1 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á empresa que a seguir se relaciona o trámite de alegacións ou, de conformidade co previsto no artigo 85 da mencionada lei, a solicitude das reducións previstas no expediente sancionador por infracción na orde social (materia seguridade e saúde), porque intentada a notificación por vía electrónica e mediante o servizo de Correos, esta non se puido efectuar.

A interesada dispón dun prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para formular as alegacións ou solicitude das reducións pertinentes

Expediente: 2019/95 (acta: I2720190000023272).

Data do trámite de alegacións: 6 de maio de 2021.

Empresa: Florica Elisei.

Enderezo: avenida das Fontiñas, 115-5º dta., 27002 Lugo.

Lugo, 24 de maio de 2021

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo