Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 8 de xuño de 2021 Páx. 28471

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 20 de maio de 2021, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente de inicio de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Comunal da Gudiña (2ª ampliación), no concello da Gudiña (Ourense).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de tentada a notificación sen que se puidese practicar, notifícaselle á persoa interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

O acto foi adoptado polo presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada dispón dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio. A comparecencia realizarase nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, Servizo Xurídico-Administrativo, situadas na rúa Florentino L. Cuevillas, 4 e 6, baixo, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día da publicación deste anuncio no BOE.

Ourense, 20 de maio de 2021

Luis Jorge Álvarez Ferro
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Ourense

ANEXO

Expediente: inicio de clasificación do monte veciñal en man común Comunal da Gudiña.

Persoa interesada: 34591572D.

Acto de notificación: acordo de inicio de clasificación do monte veciñal.