Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 8 de xuño de 2021 Páx. 28468

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 19 de maio de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no procedemento de reintegro por pagamentos indebidos.

De conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE 236 do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de tentar a notificación persoal dúas veces a través do servizo de correos, emprázase a persoa titular do DNI 33226389Z para ser notificada por comparecencia. É tamén de aplicación o artigo 44 desta lei, segundo o cal esta notificación ten que ser feita no BOE, cuxa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.

A comparecencia deberase efectuar, no prazo de 15 días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Sección de Nóminas da Xefatura Territorial da Coruña sita na rúa Vicente Ferrer, 2, Edificio Administrativo Monelos, 3º andar, ala sur, A Coruña, en horario das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao desta publicación.

A Coruña, 19 de maio de 2021

José Manuel Santos Maneiro
Xefe territorial da Coruña