Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Luns, 7 de xuño de 2021 Páx. 28066

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

EXTRACTO da Orde do 19 de maio de 2021 pola que se convocan os premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais nas modalidades de Música, de Danza e de Artes Plásticas e Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao curso 2020/21 (código de procedemento ED311F).

BDNS (Identif.): 567859.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

Alumnado que finalizou os estudos profesionais de música, os estudos profesionais de Danza ou de ciclos formativos de grao superior de Artes Plásticas e Deseño no curso 2020/21 nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia, cunha nota media igual ou superior a 8,75 nos dous últimos cursos das ensinanzas profesionais de Música e Danza ou cunha nota media final igual ou superior a 8,75 no ciclo formativo de grao superior de Artes Plásticas e Deseño cursado.

Segundo. Obxecto

Convocar premios extraordinarios de ensinanzas artísticas profesionais para o alumnado que finalizou os estudos profesionais de Música, os estudos profesionais de Danza ou de ciclos formativos de grao superior de Artes Plásticas e Deseño no curso 2020/21 nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 19 de maio de 2021 pola que se convocan os premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais nas modalidades de Música, de Danza e de Artes Plásticas e Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao curso 2020/21 (código de procedemento ED311F).

Cuarto. Importe

A dotación total é de 6.000 euros e non poderá exceder os 1.000 euros por premio.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2021

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade
P.D. (Orde do 9.2.2021)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de
Cultura, Educación e Universidade