Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Luns, 7 de xuño de 2021 Páx. 28041

III. Outras disposicións

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 2021, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta secretaría xeral no primeiro cuadrimestre de 2021.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único. Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Secretaría Xeral da Emigración nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2021, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2021

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración

ANEXO

Nome

Obxecto

Importe

Data da sinatura

Convenio de colaboración coa Asociación Cultural Hispano-Gallega Caballeros de Santiago

Establecemento dun Punto de información e asesoramento en Salvador de Bahía (Brasil)

7.000 €

11.3.2021

Convenio de colaboración coa Casa de España en Río de Janeiro

Contribuír á atención das necesidades socio-asistenciais básicas dos cidadáns galegos maiores residentes en Río de Janeiro e ao mantemento dun Punto de información e asesoramento nas instalacións da Casa de España

30.000 €

11.3.2021

Convenio de colaboración co Centro Gallego de Maracaibo

Establecemento dun Punto de información e asesoramento en Maracaibo (Venezuela)

7.000 €

11.3.2021

Convenio de colaboración coa Federación de Sociedades Gallegas de Cuba

Mantemento dunha oficina de información e asesoramento en Cuba e dos puntos de información provinciais

65.000 €

11.3.2021

Convenio de colaboración coa Hermandad Gallega de Valencia

Establecemento dun Punto de información e asesoramento en Valencia (Venezuela)

7.000 €

11.3.2021

Convenio de colaboración coa Hermandad Gallega de Venezuela

Mantemento dunha oficina de información e asesoramento e atención de necesidades socio-asistenciais e sanitarias básicas dos cidadáns galegos residentes en Caracas (Venezuela)

60.000 €

11.3.2021

Convenio de colaboración co Centro Gallego de Puerto La Cruz

Establecemento dun Punto de información e asesoramento en Puerto de la Cruz (Venezuela)

7.000 €

11.3.2021

Convenio de colaboración co Centro Gallego de Mar del Plata

Contribuír á atención das necesidades socio-asistenciais básicas dos cidadáns galegos residentes en Mar del Plata (Arxentina)

15.000 €

17.3.2021

Convenio de colaboración coa Casa de Galicia de Montevideo

Desenvolvemento de programas de atención socio-sanitaria destinados ás persoas de orixe galega e aos seus descendentes residentes en Montevideo (Uruguai)

50.000 €

17.3.2021

Convenio de colaboración coa Fundación Fillos de Ourense (Fundaourense)

Contribuír á atención das necesidades socio-asistenciais básicas dos cidadáns galegos residentes en Venezuela

45.000 €

17.3.2021

Convenio de colaboración coa Associação Recreio dos Anciãos para Asilo da Velhice Desamparada

Contribuír á atención das necesidades socio-asistenciais básicas dos cidadáns galegos residentes en Río de Janeiro (Brasil)

30.000 €

25.3.2021

Convenio de colaboración co Hogar Gallego para Ancianos de Bos Aires

Contribuír á atención das necesidades socio-asistenciais básicas dos cidadáns galegos residentes en Bos Aires (Arxentina)

50.000 €

29.3.2021

Convenio de colaboración co Hogar Español de Montevideo

Contribuír á atención das necesidades socio-asistenciais básicas dos cidadáns galegos residentes en Montevideo (Uruguai)

100.000 €

29.3.2021

Convenio de colaboración coa Hermandad Gallega de Venezuela

Contribuír á atención das necesidades socio-asistenciais básicas dos cidadáns galegos acollidos no Centro de Día «Santiago Apóstol» de Caracas (Venezuela)

50.000 €

29.3.2021

Convenio de colaboración coa Sociedade de Socorros Mutuos e Beneficente Rosalía de Castro de Santos

Contribuír á atención das necesidades socio-asistenciais básicas dos cidadáns galegos residentes en Santos (Brasil)

15.000 €

29.3.2021

Convenio de colaboración coa Asociación Española Primera de Socorros Mutuos de Montevideo

Desenvolvemento dun programa de atención socio-sanitaria destinado ás persoas de orixe galega e aos seus descendentes residentes en Montevideo (Uruguai)

30.000 €

29.3.2021

Convenio de colaboración coa Federación Venezolana de Galicia (Fevega)

Mantemento de oficinas de información e asesoramento dirixidas a emigrantes retornados en Galicia

50.000 €

29.3.2021

Convenio de colaboración coa Sociedade Beneficente Rosalía de Castro de São Paulo

Contribuír á atención das necesidades socio-asistenciais básicas dos cidadáns galegos residentes en São Paulo (Brasil)

15.000 €

14.4.2021

Convenio de colaboración coa Asociación de Jóvenes Emigrantes en Galicia

Desenvolvemento de accións que favorezan o retorno e a integración sociolaboral das persoas emigrantes e dos seus familiares na Comunidade Autónoma galega

25.000 €

15.4.2021

Convenio de colaboración coa Hermandad Gallega de Valencia

Contribuír á atención das necesidades socio-asistenciais básicas dos cidadáns galegos acollidos no Centro de Día de Valencia (Venezuela)

10.000 €

28.4.2021