Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Luns, 7 de xuño de 2021 Páx. 28239

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 19 de maio de 2021, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fan públicas as resolucións polas que se revisan varias autorizacións ambientais integradas.

De conformidade co disposto no artigo 24 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), fanse públicas as seguintes resolucións:

Instalación: granxa de porcas reprodutoras

Procedemento: revisión da autorización ambiental integrada

Titular: Cooperativa Agroganadera de A Piúca, S.C.G.

Núm. rexistro AAI: 2007/0083_NAA/IPPC_158

Localización: concello dos Blancos (Ourense)

Expediente revisión AAI: 2019-IPPC-M-61

Instalación: granxa de porcos de ceba

Procedemento: revisión da autorización ambiental integrada

Titular: Agroganadera de Seoane, S.L.

Núm. rexistro AAI: 2007/0075_NAA/IPPC_191

Localización: concellos de Maceda e de Montederramo (Ourense)

Expediente revisión AAI: 2019-IPPC-M-119

Estas resolucións poderán consultarse na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou de xeito presencial na Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático (Consellería de Medio Ambiente Territorio e Vivenda, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2021

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental,
Sostibilidade e Cambio Climático