Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Luns, 7 de xuño de 2021 Páx. 28266

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2021, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se publica o resultado dunha poxa de bens mobles.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería do Mar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: patrimonial (alleamento de bens mobles).

b) Descrición do obxecto:

Alleamento de embarcación:

Embarcación Serra Barbanza, con matrícula 8ª VI-5-2-91.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de poxa: DOG nº 54, do 22 de marzo de 2021.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: poxa con presentación de ofertas en sobre pechado e apertura en acto público.

4. Oferta mínima:

Embarcación Serra Barbanza, con matrícula 8ª VI-5-2-91, dez mil euros (10.000 €).

5. Adxudicación:

a) Data: 18.5.2021.

b) Adxudicataria: Rutas Rías Baixas, S.L.U.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: once mil vinte e un euros (11.021 €).

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2021

Silvia Cortiñas Fernández
Secretaría xeral técnica da Consellería do Mar