Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Luns, 7 de xuño de 2021 Páx. 28137

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2021 pola que se lle dá publicidade á prórroga do prazo de execución do encargo á empresa pública Empresa de Transformación Agraria, S.A., SME, MP (Tragsa), para a realización das obras complementarias ás encargadas pola Resolución do 14 de decembro de 2018 respecto das obras de acondicionamento e urbanización da ampliación do Centro de Investigación Aerotransportada de Rozas (CIAR) en Lugo.

De conformidade co previsto no artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, e no artigo 8 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade da ampliación do prazo de execución da seguinte encarga:

• Resolución do 18 de agosto de 2020, da Axencia Galega de Innovación (GAIN), pola que se encarga a Tragsa (Empresa de Transformación Agraria, S.A., SME, MP) a realización das obras complementarias ás encargadas pola Resolución do 14 de decembro de 2018, da Axencia Galega de Innovación, respecto das obras de acondicionamento e urbanización da ampliación do Centro de Investigación Aerotransportada de Rozas (CIAR) en Lugo.

• Prazo de vixencia inicial: seis meses, contado desde o día de sinatura da acta de implantación (ata o 21.3.2021), ampliado por un período de 60 días mediante Resolución do 7 de abril de 2021.

• Período polo que se prorroga o prazo de execución: 10 semanas (ata o 31.7.2021).

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2021

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación